Saltar ao contido

Biopolo Sionlla – Parque Biotecnolóxico

Edit Template

O Concello de Santiago impulsa unha campaña para situar á cidade como capital da biotecnoloxía

O Concello de Santiago presentou este mércores a campaña ‘Compostela. Capital da Biotecnoloxía’, coa que pretende impulsar o Biopolo da Sionlla para “reter” o talento e “captar” proxectos e investimentos. Esta arrinca cun vídeo promocional -ao que seguirán outras accións-, que destaca as oportunidades e fortalezas que ten a capital galega para ser a capital da biotecnoloxía.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, enmarcou a iniciativa “na necesidade de seguir reivindicando o potencial económico de Santiago, a nosa capacidade de xerar talento e de atraer investimentos e proxectos innovadores”.

“Esta campaña quere saír dos tópicos sobre Compostela, lembrando que somos moitísimo máis da imaxe que moitas veces transcende e insistindo no noso convencemento de que non podemos vivir só do turismo”, expuxo.

O presidente da Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, explicou que no equipamento están instaladas a día de hoxe tres empresas. “Prevemos que se instalen novas compañías á volta do verán, procedentes do edificio Emprendia da USC e en virtude dun acordo coa Universidade de Santiago (USC)”, apuntou.

A campaña, mediante a estratexia autoreferencial e cun vídeo publicitario, pretende presentar unha nova cara de Santiago, a ‘Compostela Biotech’. Nel destácanse as oportunidades e fortalezas que ten a capital galega para ser a capital da biotecnoloxía e, desta forma, captar e favorecer a implantación de PEMES, spin-off e proxectos de incubación, aceleración e consolidación e centros de investigación no Biopolo da Sionlla, entre outros.

CONVENIO COA ÁREA EMPRESARIAL DO TAMBRE

Doutra banda, o Concello asinará un convenio coa Área Empresarial do Tambre, en relación ao obxectivo da reindustrialización e a promoción do asentamento de empresas en Santiago.

O acordo supoñerá unha achega municipal de 50.000 euros para o financiamento de distintas accións encamiñadas á consolidación e a captación de empresas para o Biopolo, así como para a colaboración do Concello na prestación do servizo de vixilancia da área empresarial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Biopolo Sionlla - Parque Biotecnolóxico
Resumo de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.