COMUNICACIONS

De Galicia ao cabo do mundo

Non é por casualidade que tantos camiños cheguen a Santiago de Compostela. A fama precede a esta cidade, atraente e atractiva, por moitos motivos, que desde hai séculos aposta pola conectividade, xa sexa para potenciar os seus roteiros comerciais, xa sexa para recibir peregrinos. Pasa o mesmo con Galicia, comunidade de emigrantes e mundialmente coñecida pola súa hospitalidade, non só no Camiño, tamén as súas moitas aldeas e cidades.
Galicia conta con tres aeroportos internacionais a menos dunha hora: o de Santiago, o da Coruña e o de Vigo. A só dez minutos da cidade de Santiago sitúase o aeroporto internacional Lavacolla, que duplicou en 2011 a súa capacidade. Opera voos nacionais (Madrid, Barcelona, Valencia) e internacionais (Londres, París, Frankfurt, Bruxelas, Dublín, Roma, Ámsterdam, Xenebra…) a diario. A menos de dúas horas ten o aeroporto internacional do Porto.
A rede ferroviaria une a Galicia con practicamente todo o país a través das súas liñas de alta velocidade (cubrindo principalmente as cidades de Santiago, A Coruña, Vigo e Ourense), longa distancia (Madrid, Barcelona, Alacante, San Sebastián e Hendaia, con conexións internacionais). Cun único transbordo chégase desde Santiago de Compostela a París e Portugal.
Galicia ocupa unha privilexiada situación marítima cos seus 127 portos en total e 3 deles -Vigo, Ferrol e Coruña- entre os principais roteiros marítimos internacionais. Pola súa banda, a cidade de Santiago está situada a 27 quilómetros do porto de Villagarcía de Arousa, conectado por terminal ferroviaria con Santiago. A escasos 50 minutos de Vigo, cidade portuaria de relevancia internacional a nivel turístico e de mercadorías, a media hora do porto da Coruña e a pouco máis de dúas horas do porto internacional do Porto, estratéxicos nos roteiros de comercio internacional.
Galicia está magníficamente comunicada por estrada. A AP-9 conecta Santiago de Compostela coa Coruña (57 km), Ferrol (95 km), Pontevedra (50 km), Vigo (92 km) e Portugal (O Porto a 226 km e Lisboa a 530 km). A A-6 comunica Galicia co resto de España a través de Lugo e a A-52 por Ourense. A través da AP-53 conectase con Madrid (599 km) e Ourense, e a A-8 une Galicia con Francia polo cantábrico.